jueves, 2 de abril de 2020

XOVES,2 ABRIL

Bo día peques!!

Aquí vos deixo outro vídeo para recordar as partes do ollo e como funciona.



E agora o resumo para a libreta:

Os ollos son os órganos do sentido da vista. Están protexidos polas pestanas, as cellas e as pálpebras.

Partes do ollo:
O iris: É a parte coloreada do ollo. A súa función é regular a cantidade de luz que entra no ollo.
A pupila: É o orificio central do iris, por onde entra a luz no ollo.
A córnea:Capa transparente diante do iris e da pupila.
O cristalino: É unha lente que enfoca os obxectos.
A retina: É a capa interna do ollo. Nela fórmanse as imaxes que irán ao cerebro a través do nervio óptico.




Exercicio: Páx. 66 . Investiga para que poden servir as bágoas.