1ª sesión L. Galega
Despois do cadro de repaso da unidade 7, imos facer os exercicios de reforzo da páxina 120.
Imos facer os dous exercicios na libreta (ou folio). No exercicio dous quero que copiedes o texto poñendo ben as contraccións. Despois tedes que facer a segunda parte do exercicio, a que está no punto azul.
Recorda poñer a data longa co boli, os enunciados dos exercicios con boli e respostamos con lápiz. Polo tanto, copiamos o texto con lápiz, por se temos que borrar, vale.
Se tedes dúbidas, podedes preguntar a través do correo cuarto.viladerutis@gmail.com