viernes, 27 de marzo de 2020

Venres, 27 de marzo de 2020

5ª sesión L. Galega

Hoxe seguimos con ortografía: as palabras con X.
Lembra que en galego o X ten dous sons diferentes:
o X de xersei
o X de éxito
Imos facer os exercicios da páxina 114 do libro. Aquí tedes a páxina para os que non teñan o libro na casa.


No exercicio 1, le ben o enunciado. Di que ademais de ler tes que dicir como soa o x. Para iso podes utilizar o exemplo co que explicamos como soaba o x. É dicir, tes que dicir se soan coma en "xersei" ou se soan coma en "éxito". Dacordo?
Continúa con outros  exercicios. Son moi divertidos, pois son coma pasatempos.

Lembra escribir no teu diario e ler un pouquiño.
VEÑA! IMOS ALÓ!