viernes, 27 de marzo de 2020

TEMA 4



Hola peques!!! Aquí estamos de novo con Sociais.
Hoxe empezamos o tema 4, así que o primeiro que ides facer é ler as páxinas 60 e 61 do libro. Déixoas aquí para os que non tedes o libro na casa.








Agora pasamos á libreta e, como sempre, abrimos tema. Poñemos:

                                                   TEMA  4
                                  
                                            A  POBOACIÓN

Facemos un debuxo. Déixovos un para sacar ideas.



E despois copiamos este resumo:

A poboación dun territorio é o conxunto de persoas que habitan nel.

Movementos naturais: Son as variacións de poboación debidas aos nacementos e ás mortes das persoas.

Movementos migratorios: Son os movementos de persoas que chegan a un lugar para vivir nel, ou persoas que marchan a vivir a outro sitio.

Como contamos a poboación?
As persoas que compoñen a poboación cóntanse utilizando:
1.O padrón municipal: Nel están rexistradas todas as persoas do concello. Nel figura o nome e apelidos, domicilio, lugar e data de nacemento... Os concellos actualizan o padrón todos os anos.
2. O censo:Nel aparcen todos os habitantes dun país. Realízase cada 10 anos e recolle moita información, como profesión, estudos, se están en paro ou traballando, etc.

Todos estes datos sirven para saber a composición da poboación nun lugar: se hai máis xente maior que nenos, canta xente traballa e en que oficio, etc.

Recorda que debes ler os resumos de vez en cando para non esquecelos. Moito ánimo!!