domingo, 9 de febrero de 2020

ELEMENTOS DO CLIMA


Para coñecer o clima dun lugar, hai que estudar durante un ano, polo menos, os seguintes elementos:

A temperatura: Indícanos o frío ou calor que vai nun lugar.

Mídese co termómetro en graos centígrados.


A presión atmosférica: É o peso que exerce o aire da atmosfera sobre un punto da Terra.

Mídese co barómetro en milibares.


A humidade do aire: É a cantidade de vapor de auga que se encontra no aire. Aumenta coa temperatura.

Mídese co higrómetro.


O vento: É o aire en movemento.

A velocidade do vento mídese co anemómetro, e a dirección do vento mirámola no viraventos.

As precipitacións: As precipitacións están formadas pola auga que cae das nubes (chuvia, neve ou sarabia).

Mídese co pluviómetro en milímetros ou en litros por metro cadrado.