miércoles, 19 de febrero de 2020

O APARATO CIRCULATORIO

O aparato circulatorio encárgase de transportar os nutrientes e osíxeno a todas as células do noso corpo.

O aparato circulatorio está formado por:

O SANGUE: Encárgase de recoller, transportar e liberar osíxeno, nutrientes e refugallos.

OS VASOS SANGUÍNEOS Hai 3 tipos:

  Arterias:Levan o sangue desde o corazón ata os órganos.

  Veas: Levan o sangue desde os órganos ata o corazón.

  Capilares: Son as ramificacións máis finas das arterias e das veas.

O CORAZÓN: É un músculo que ten 4 cavidades. As 2 cavidades superiores chámanse aurículas e as 2 cavidades inferiores chámanse ventrículos.
O corazón latexa en dous movementos. Cando se relaxa, o sangue entra no corazón polas aurículas e cando se contrae sae polos ventrículos.



Aquí vos deixo outro vídeo que vos axudará a entender mellor o aparato circulatorio.







A  CIRCULACIÓN  DO  SANGUE

- O corazón contráese e impulsa o sangue polas arterias.
- As arterias levan o sangue aos órganos e a todas as partes do corpo.

As funcións do sangue son:
- Nos alvéolos pulmonares toma o osíxeno e expulsa o dióxido de carbono.
- No intestino delgado recolle os nutrientes procedentes da dixestión.
- En todos os órganos deixa o osíxeno e os nutrientes e recolle os refugallos, que serán expulsados a través do aparato respiratorio e o aparato excretor.
- O sangue volve ao corazón a través das veas.