Os nenos e nenas de 4 anos andan a viaxar por Francia. Decidiron facer o Tour no colexio.
O martes viñeron ata a nosa aula e convidáronnos a participar como público. Pedíronnos que os animáramos moito.
Así o fixemos!! O venres día 7 de febreiro baixamos ás 12 ao patio e disfrutamos do Tour con moitísimo entusiasmo.
Tamén saímos nas noticias da RTVG, na telivisión de Galicia. Podedes vernos se pinchades na foto.