viernes, 15 de mayo de 2020

XA É VENRES!!

Bos días galeg@s:
Aquí deixo esta frase dun poema de Manuel María que define moi ben o idioma. No noso caso, non debemos perder o galego pois é a forza que nos xungue e sostén.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS !! Recordade de seguir mirando o Blog de EDLG para ver as actividades propostas nesta semana das letras galegas. Entre todas elas a que está feita para nós é a seguinte:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/aulavirtual2/pluginfile.php/57/mod_resource/content/5/nuevo.html

Pode pedirvos que iniciedes sesión, pero lle dades a "entrar como convidado" e xa podedes entrar. Para facer os quebracabezas, debedes ir collendo a peza que vos aparece enriba á dereira e movéndoa ao lugar axeitado. Cando rematedes cada actividade premedes a frecha da dereita e xa vos leva á seguinte.

E para non perder a nosa fala hoxe imos variar o horario e comezamos por L. Galega.

1ª sesión: L. Galega, as cantigas de berce na pestaña de LINGUAS.
2ª sesión: Sociais, seguimos aprendendo na pestaña de SOCIAIS.
3ª sesión: Matemáticas, cálculo na pestaña de MATEMÁTICAS.
4ª sesión: Ed. Física, segue a proposta de Pizza para esta semana na pestaña de ED. FÍSICA.
5ª sesión: L. Castellana, dictado y literatura en la pestaña de LINGUAS.

Recordade ler todos os días un pouquiño e escribir no voso diario.

Hoxe deixo para o fin de semana unha película en galego. ASTERIX O GALO



Bo DÍA DAS LETRAS GALEGAS o vindeiro domingo!!

Deixo un xogo por se queredes resolver "O Misterio da Casa de Ricardo Carvalho Calero".

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR3Dt84FalOZv-jz_lrAic2K_QOFIZ9d8vDt8J5EcK1eEbNG42aDEfhqrZE

Tamén deixo un Scape Room. Seguro que é moi divertido. Pasadeo ben!!!

https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20