viernes, 15 de mayo de 2020

Venres, 15 de maio de 2020

1ª sesión L. Galega

Deixo aquí o ditado de onte para que o revisedes.


A miña avoa vive lonxe. Por iso, non nos vemos moito. En inverno nunca viaxa, polo frío e a neve. Pero vén sempre por primavera, e xa queda a pasar o verán. Teño moitas ganas de que volva e me conte cada noite as súas vellas historias.

Tamén deixo as respostas do exercicio de expresión sobre a solicitude.


Hoxe imos traballar cunhas cancións relaxantes para facer durmir aos nenos, típicas na nosa literatura: CANTIGAS DE BERCE, ARROLOS ou ANAINAS.
Podedes ver dúas no primeiro exercicio da páxina 153. Despois debedes facer os tres exercicios desta páxina.


Non vos durmades!! Está comezando o día!!