jueves, 23 de abril de 2020

Xoves, 23 de abril de 2020

1ª sesión L. Galega

Deixo as solucións dos exercicios de onte para que poidades correxir nas vosas libretas (ou folio).

Hoxe imos con ortografía, as palabras con b. Dúas normas traballaredes nos exercicios de hoxe.

Escríbense con b as palabras que comezan por bu-, bur- e bus-.
Escríbense con b as palabras que conteñen br e bl.

Faredes os catro exercicios da páxina 130 que aquí deixo.

Como axuda poño as palabras que tedes que buscar no exercicio 2 e que necesitades para realizar o exercicio 3. Serán: buxaina, burro, bufanda, bucina, buguina e burbulla.
Agora ... adiante!!