Cada ano, o 23 de
abril é unha data especial no colexio. Conmemórase o Día Internacional do Libro para fomentar a lectura entre os máis
pequenos.
Hoxe estamos vivindo
unhas circunstancias especiais , pero non por iso imos deixar de celebrar esta
data. Animamos ás familias a disfrutar coas lecturas dos seus fillos/as, que
lle permitirán viaxar a lugares fantásticos, vivir grandes aventuras e deixar
voar a imaxinación.
O profesorado do CEIP
Vila de Rutis, co desexo de que pronto volvamos á normalidade, quere adicarvos
este vídeo e recordarvos que vos botamos moito de menos. Moito ánimo!!