1ª sesión L. Galega
Ola chic@s, hoxe imos continuar co que aprendemos o martes: OS DETERMINANTES.
Recordades qué eran os determinantes? Si, as palabras que van diante dos nomes para presentalos. Moi ben.
Xa vimos unha clase de determinantes: OS ARTIGOS. Estes podían ser artigos determinados para presentar nomes de seres coñecidos e artigos indeterminados para presentar nomes de seres descoñecidos.
Hoxe imos coñecer uns determinantes novos: OS DEMOSTRATIVOS.
OS DEMOSTRATIVOS son deteminantes que mostran ou sinalan algo, indicando se están cerca, a media distancia ou lonxe de quen fala.
Indican cercanía: ESTE, ESTA, ESTES e ESTAS.
Indican media distancia: ESE, ESA, ESES e ESAS.
Indican lonxanía: AQUEL, AQUELA, AQUELES, AQUELAS.
En galego, recordade que os determinantes contraen con preposicións. Os dererminantes DEMOSTRATIVOS contraen coas preposicións EN e DE. Fórmanse así contraccións como: neste, nese, naquel...ou deste, dese, daquel...
Bueno, esta é a explicación de hoxe. Alguén ten algunha dúbida?? Xa sabedes que podedes preguntar todo o que non entendades, dillo a mami ou a papi e que me manden un correo electrónico a cuarto.viladerutis@gmail.com.
Agora imos cos exercicios de hoxe. Páxina 113 do libro, imos facer os exercicios. Para quen non ten o libro na casa, poño aquí a páxina.
Tedes que facer o exercicio 6 e 7 na libreta (ou folio) como facemos sempre: data con boli, enunciados con boli e resposta con lápiz.
ÁNIMO!!