jueves, 26 de marzo de 2020

TEMA 4



Aquí estou de novo, que tal o levades? 
Como vedes, hoxe toca empezar tema. Imos empezar por ler as páxinas 64 e 65 do libro.
Despois mirades o vídeo.

     






E agora pasamos á libreta.
Como sempre, abrimos tema. Poñemos 
                             TEMA 4
             A  RELACIÓN HUMANA
 e logo facemos un debuxo (podedes elixir calquera que apareza neste tema no libro)
E despois escribimos este resumo:


OS SENTIDOS
Temos 5 sentidos: vista, oído, olfacto, gusto e tacto.

                    A función de relación
- As persoas relacionámonos con todo o que nos rodea.

- Os órganos dos sentidos captan moita información do exterior e envíana ao cerebro a través dos nervios.

                 Como sucede isto?

1. Os órganos dos sentidos captan os sinais.

2. Os órganos dos sentidos transforman estes sinais noutros  e envíanllos ao cerebro a través dos nervios.

3. O cerebro recibe os sinais e decide o que hai que facer, enviando ordes a través dos nervios aos músculos para que reaccionen.

Por exemplo:
Estamos xogando no patio e vemos que vén un balón que nos vai dar na cabeza, os ollos transmiten esa información ao cerebro, o cerebro transmite información aos músculos para que nos movamos, evitando así que o balón nos golpee.

As nosas reaccións poden ser:

- Automáticas e moi rápidas: como cando tocamos algo quente e retiramos moi rápido a man.
- Máis lentas e pensadas: como cando a profe nos pregunta algo e pensamos a resposta.


E agora xa sabedes que hai que ir estudando. Ánimo!!!