domingo, 1 de marzo de 2020

OS MAPAS METEOROLÓXICOS

Son os que nos informan do tempo que vai facer nun lugar determinado.
Existen 2 tipos de mapas meteorolóxicos:


MAPA DE ISOBARAS

(Aquí pegamos o debuxo do mapa de isobaras)

As isobaras son curvas que unen puntos onde a presión é a mesma.
O mapa de isobaras representa os anticiclóns (altas presións) e as borrascas (baixas presións).
Canto máis xuntas están as isobaras, maior é a velocidade do vento.






MAPA SIGNIFICATIVO

(Aquí pegamos o debuxo do mapa significativo e a lenda)

O mapa significativo mostra elementos que representan o tempo que vai facer nas distintas zonas do mapa: nubes, sol, chuvia, neve...


ELEMENTOS  DUN  MAPA  METEOROLÓXICO

Marcas de orientación:
Indican os puntos cardinais. 
Represéntanse coa rosa dos ventos ou cunha frecha que indica o norte.

Símbolos ou signos convencionais:
Son debuxos, signos, números, etc. que se empregan para representar a chuvia, o sol, os raios, nubes, vento...

Lenda:
Explica o significado dos signos ou símbolos.

Escala:
Informa das veces que se reduciu a realidade do mapa.
Exemplo: 1:250.000 (1 cm no mapa = 250.000 cm na realidade)