miércoles, 22 de enero de 2020

COÑECE O TEU CONCELLO

O pasado martes 21 de xaneiro, dentro do programa EDUCACULLEREDO que ofrece o noso concello, participamos na actividade "Coñece o teu Concello".
Estivemos no Casa Consistorial de Culleredo. Explicáronnos un pouquiño sobre a organización dun concello. Despois fixemos de detectives investigando sobre diferentes departamentos que alí había. Nós tivemos que investigar sobre o Padrón. Foi moi divertido. A continuación, puxemos en común o investigado.Por último, estábamos xogando ao trivial cando ... chegou o Alcalde que falou con todos nós e contestou a moitas das nosas preguntas.