lunes, 27 de enero de 2020

A  DIXESTIÓN

Xa estudamos as partes do aparato dixestivo. Agora imos ver como se realiza o proceso da dixestión.



A DIXESTIÓN
A dixestión é o proceso que realiza o aparato dixestivo para:
- Transformar os alimentos.
- Absorber os nutrientes.
- Expulsar os restos de alimentos que non utilizamos.

COMO FUNCIONA O APARATO DIXESTIVO
1. Os alimentos son triturados polos dentes, mestúranse coa saliva e forman o bolo alimenticio.
2. O bolo alimenticio baixa pola farinxe,  o esófago e chega ao estómago.
3. No estómago, mézclase cos zumes gástricos e forma unha papilla que pasa ao intestino delgado.
4. No intestino delgado engádese a bile e o zume pancreático, e nel é onde se absorbe a maior cantidade de nutrientes.
5. Logo, esa papilla pasa ao intestino groso. Aquí absórbese a auga e convértese en feces que son expulsadas polo ano.