viernes, 10 de enero de 2020

A ATMOSFERA TERRESTRE

A atmosfera terrestre é a capa de aire que envolve a Terra.
Imos coñecer un pouquiño máis dela con este vídeo.


                                               
                                 AS  AURORAS  POLARES

Neste vídeo fala das "misteriosas" auroras boreais pero, sabedes que son e como se forman?

Estes fenómenos deberían chamarse auroras polares, porque se producen nos Polos. Cando teñen lugar no Polo Norte chámanse auroras boreais e, cando teñen lugar no Polo Sur chámanse auroras austrais.
E unha explicación moi sinxela de como se forman é a seguinte:
O Sol emite unhas partículas que son arrastradas polo vento solar ata o noso planeta, algunhas pérdense no espacio e outras quedan atrapadas na "magnetosfera" da Terra e desprázanse cara os Polos.
Cando se acumulan moitas destas partículas nalgunhas zonas, chocan coas partículas do aire e forman como chispas que producen luz formando as auroras polares.



AS  CAPAS  DA  ATMOSFERA

TROPOSFERA

v Está en contacto coa superficie terrestre.
v Contén a maior parte do aire que respiramos.
                                                         
v O aire está composto por: - 21% de osíxeno
                                              - 78% de nitróxeno
                                              - 1% doutros gases (dióxido de carbono, vapor  de auga...)


  ESTRATOSFERA 
                                               
  v  Contén a capa de ozono, que absorbe os raios ultravioleta               procedentes do Sol.

  MESOSFERA

   v É a capa máis fría.
  v Nela fanse visibles as estrelas fugaces.

  TERMOSFERA
  v  Nela prodúcense as auroras polares.

  EXOSFERA

v É a capa máis externa.
v É a capa onde orbitan os satélites.



O AIRE
Este vídeo axudaravos a aprender algo máis sobre o aire e a atmosfera.





O  EFECTO  INVERNADOIRO


Aquí vos deixo un vídeo que vos axudará a entender este    fenómeno natural producido por algúns gases da atmosfera.




Despois de ver o vídeo e de explicar na clase o efecto
 invernadoiro, debes fixarte no debuxo que tes na 
libreta e copiar a seguinte explicación:


EXPLICACIÓN  DO  EFECTO  INVERNADOIRO
1. Parte dos raios solares son reflectidos ao espazo
 polas nubes.
2. Outros raios solares atravesan a atmosfera e chegan á 
superficie terrestre quentando o planeta Terra.
3. A Terra tamén emite a súa enerxía cara a atmosfera.
4. Parte da enerxía que emite a Terra queda na atmosfera 
debido aos gases de efecto invernadoiro.

* Os gases que emiten as actividades humanas aumentan 
o efecto  invernadoiro provocando  un aumento da
 temperatura  da Terra.