lunes, 28 de septiembre de 2020

Idades da Historia

 

* A historia divídese en varias Idades.

* O principio e o final de cada Idade está marcado por algún acontecemento histórico importante.

* As Idades son:

   - Prehistoria (desde a aparición do primeiro ser humano ata a aparición da escritura).

   - Idade Antiga (desde a aparición da escritura ata a caída do Imperio Romano)

   - Idade Media (desde a caída do Imperio Romano ata o descubrimento de América).

   - Idade Moderna (desde o descubrimento de América ata a Revolución Francesa).

   - Idade Contemporánea (desde a Revolución Francesa ata a actualidade)

Con este vídeo podedes repasar as diferentes Idades e ver os acontecementos importantes que separan cada unha delas.