lunes, 21 de septiembre de 2020

A HISTORIA

 Hoxe empezamos a estudar a historia. Repasaremos a materia correspondente a 4º (Prehistoria e Idade Antiga) e engadiremos a materia de 5º (Idade Media e Idade Moderna)


                                                     A HISTORIA

 * A Historia é a ciencia que estuda a evolución do ser humano no planeta Terra, desde a súa aparición ata a actualidade.

 * Na nosa cultura organizamos as datas da Historia en relación co nacemento de Cristo.

* As datas anteriores ao seu nacemento indícanse coas letras a.C. (antes de Cristo)

* As datas posteriores ao seu nacemento indícanse coas letras d.C. (despois de Cristo).