1ª sesión L. Galega
Deixo aquí o ditado do martes. Debedes revisalo para mirar os erros.
Cando o rei do mar escoitou cantar a
serea, sentiuse conmovido. Había tempo que non oía nada tan
fermoso. Sabía que vivía entre as rochas da fervenza, e
foi ver se a atopaba. Cando chegou, quixo meterse na cova, pero non cabía.
Quedou alí atrapado, sen poder moverse. Menos mal que os golfiños o viron
e foron rescatalo.
Tamén deixo as solucións dos exercicios do martes e do mércores sobre a expresión oral e escrita.
Hoxe ides crear un POEMA EN COLAXE. Debedes facer o exercicio 2 da páxina 169 e logo enviarme una foto coa vosa creación (recordo o correo para poder enviarme a foto cuarto.viladerutis@gmail.com)
Moito ánimo, e sede creativos!!