viernes, 29 de mayo de 2020

Venres, 29 de maio de 2020

5ª sesión L. Galega

Solucións dos exercicios de verbos que fixéstedes onte.



Hoxe imos con ORTOGRAFÍA. Verbos rematados en -ver ou -ber.

Moitos verbos rematan no seu infinitvo en -ver. Tedes que ter en conta que todas as palabras derivadas dun verbo con v tamén se escribirán con v.

OLLO temos que saber: HABER   A   VER.
Haber é un verbo que se escribe con b.
A  ver é unha expresión con verbo ver (que se escribe con v).

Para recordalo pensa:
HABER é un verbo,
A VER  é mirar.

Imos cos exercicios 2 e 3 da páxina 166.


ADIANTE!! BO FIN DE SEMANA!!