martes, 26 de mayo de 2020

Martes, 26 de maio de 2020

1ª sesión L. Galega

Solucións dos exercicios de vocabulario de onte.
 Hoxe comezamos na GRATICA cos

VERBOS

Os verbos son as palabras que expresan accións: debuxar, correr, cociñar, vivir ...
Imos ver que os verbos vanse conxugando dependendo do tempo, pero tamén tendo en conta a persoa e o número. Temos tres formas persoais en singular (eu, ti, el/ela) e tres en plural (nós, vós, eles/elas).
Hai que saber moi ben e recordar os pronomes persoais que vimos na unidade anterior.

Imos facer os tres exercicios da páxina 164 e imos vendo que doados son os verbos.


Se tedes dúbidas podedes preguntar coma sempre no correo cuarto.viladerutis@gmail.com.