jueves, 14 de mayo de 2020

FELIZ XOVES!!

Bos días a tod@s:

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS !! Recordade de seguir mirando o Blog de EDLG para ver as actividades propostas nesta semana das letras galegas.
Onte o alumando de 6º leron un conto que escribiu Ricardo Carvalho Calero titulado "As pitas baixo a choiva". Deixoo aquí por se alguén quere volver velo.



Quedoulles moi ben!! Gustouvos??

Agora imos co traballo de hoxe:

1ª sesión: L. Galega,  un ditado e expresión na pestaña de LINGUAS.
2ª sesión: Inglés, descanso e pasao ben coas actividades do Blog de EDLG.
3ª sesión:  Naturais, seguimos aprendendo na pestaña de NATURAIS.
4ª sesión: Plástica, deixo unha proposta nesta entrada, a continuación.
5ª sesión: L. Castellana, xentilicios na pestaña de LINGUAS.

Recordade de ler un pouquiño todos os días e escribide no voso diario.

PLÁSTICA

Onte fun camiñar pola tarde e cando remataba o día pensei nesta actividade. Agora que xa podemos saír ás rúas podedes quitar unha foto, enviando unha mensaxe de ánimo utilizando o noso corpo.
 Eu fixen esta foto para tod@s vós. Quérovos moito!!