martes, 12 de mayo de 2020

¡¡FELIZ MARTES A TOD@S!!

Bos días amig@s!!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!! Seguide mirando o BLOG de EDLG, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega segue deixando videos e actividades sobre o escritor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Víchedes o video que deixaron onte?? Por se non o víchedes, deixoo aquí para poder volvelo a ver.


Imos co traballo de hoxe:

1ª sesión:  L. Galega, ortografía na pestaña de LINGUAS.
2ª sesión:  Sociais, sempre aprendendo na pestaña de SOCIAIS.
3ª sesión: Matemáticas, sempre con cálculos na pestaña de MATEMÁTICAS.
4ª sesión: Relixión ou Valores Cívicos, o alumnado de Relixión debe ir ao Blog de Relixión para ver as propostas de traballo da profe Rosa. O alumnado de Valores Cívicos e os que queirades,  poderedes ver as propostas a continuación nesta entrada.
5ª sesión: Música, posto que estamos na Semana das Letras Galegas, no Blog de Música podedes aprender os pasos de GLOBAL MUIÑEIRA. Tamén deixo un enigma novo coa solución da semana pasada.

Recordade ler un pouco cada día e escribir no voso diario.

VALORES VICOS

A nosa árbore segue crecendo!! A pasada semana Hugo Neira enviou un debuxo coa reflexión da palabra AXUDAR. Mirade como vai quedando.



Deixo aquí máis rasgos do libro Amar de Palabras Aladas por se alguén debuxa algunha reflexión máis. Moito ánimo!!