martes, 21 de abril de 2020

SOCIAIS,MARTES,21 ABRIL





Bo día!! Preparados/as? Empezamos.
Corrección dos exercicios páxina 64:
1. En función da súa idade, a poboación clasifícase en: nova, adulta e anciá.
2. Hai máis homes entre a poboación máis nova porque nace un número un pouco maior de nenos que de nenas.
Hai máis mulleres que homes entre a poboación anciá porque as mulleres adoitan vivir máis anos.

Agora ides ler a páxina 65 do libro.



Resumo para a libreta:

 CLASIFICACIÓN DA POBOACIÓN SEGÚN O TRABALLO
 
Poboación activa: Está formada polas persoas adultas que traballan ou están buscando emprego. Pode ser:
- Poboación ocupada: Son as persoas que traballan e reciben un diñeiro.
- Poboación non ocupada ou desempregada: Son os adultos que están no paro ou buscando traballo.
Poboación non activa: Está formada polas persoas que traballan sen recibir diñeiro e as que non poden traballar por algunha razón. Por exemplo: estudantes, xubilados, voluntarios, persoas con discapacidades que lle impiden traballar, etc.

CLASIFICACIÓN DA POBOACIÓN SEGÚN A LOCALIDADE
 Poboación rural: Formadas polas persoas que viven en localidades pequenas.
Poboación urbana: Formada polas persoas que viven en grandes cidades.