miércoles, 29 de abril de 2020

Mércores, 29 de abril de 2020

5ª sesión Reforzo de L. Galega

Cómo foi onte co ditado? Aquí deixo o texto para que o poñades ben se o tedes mal.


Braulio é un bruxo amable,
pero un pouco burlón.
Sempre que xoga ás bólas
desaparecen un montón.
Os nenos bérranlle anoxados,
por andar cos seus meigallos,
mais el busca escusas e di
que marcharon polo burato.
Todos saben que as garda
nunha caixa moi brillante,
onde ten tamén buxainas,
gobeletes e outros trastes.

As solucións dos exercicios de onte quedan aquí tamén.

 Hoxe que é clase de reforzo, imos comezar co repaso desta unidade. Copiade o resumo da unidade na vosa libreta (ou folio). Depois facedes os tres exercicios da páxina 136.


 Non olvidedes de poñer a data longa en boli, os enunciados en boli e as respostas en lápiz. Sempre todo con boa letra e sen faltas de ortografía.

Seguro que o facedes xenial!! Adiante!!