1ª sesión L. Galega
Como estamos facendo últimamente, deixo aquí as correcións dos exercicios de onte.
Seguro que xa mirástedes os exercicios. Se alguén ten dúbidas, non ten máis que preguntar a través do correo electrónico cuarto.viladerutis@gmail.com
Hoxe continuamos con determinantes: OS NUMERAIS
Os determinantes NUMERAIS son os que expresan un número. Hainos de dous tipos:
CARDINAIS: son os que indican unha cantidade (un, dous, tres...).
ORDINAIS: son os que indican a orde que ocupa (primeiro, segundo, terceiro ...)
Imos facer os tres exercicios da páxina 129.
Un, dous, tres ... ADIANTE!!