1ª sesión L. Galega
Comezamos unha nova unidade. Como sempre lemos a lectura da unidade: ANDAMOS POLAS RAMAS.Deixo aquí o audio da lectura por si non podedes ler ben.
Despois de ler, tedes que facer os exercicios de reflexiona (6, 7, 8 e 9) da páxina 125.
Antes de comezar poñede na libreta (ou folio) que imos comezar o 3º TRIMESTRE (con letras bonitas). Despois comeza cos exercicios, pero recorda poñer a data en boli, os enunciados dos exercicios en boli e as respostas en lápiz.
¡IMOS ALÁ!