lunes, 20 de abril de 2020

Luns, 20 de abril de 2020

1ª sesión de L. Galega

Deixovos aquí as solucións dos exercicios do venres (familia de palabras) para que poidades revisar as vosas respostas.

Recordade que eran OS DETERMINANTES: eran esas palabras que acompañan aos nomes e concordan en xénero e número. Xa estudamos os ARTIGOS e os DEMOSTRATIVOS. Hoxe falaremos dos ...
POSESIVOS

Os determinantes posesivos son os que indican a quen lle pertence algo (meu, teu, seu, noso, voso ...). En galego, estes determinantes posesivos levan os artigos diante. Decimos por exemplo, a miña casa, o meu pai, os seus libros, as nosas tarefas, ...

Agora faremos os exercicios 2, 3 e 4 da páxina 128.


 Recordade de escribir na libreta (ou folio) a data a boli, enunciados a boli y respostas a lápiz.
¡¡Imos comezar!!