viernes, 3 de abril de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA III


PARKOUR NA CASA!!!

Bo día nenos e nenas!  Que tal? Sei que non é tarefa sinxela, pero agardo que esteades pasando este tempo do mellor xeito posible, e que as propostas de Educación Física vos axuden a esquecervos durante un tempo da situación complexa que estamos a vivir e a despexar a vosa mente. Por outra banda o noso corpo tamén agradecerá un pouco de actividade física.

Antes de comezar debemos saber... Que é o parkour?

Trátase dunha disciplina física de orixe francés na que os practicantes tratan de superar todos os obstáculos cos que se atopa ao seu paso do xeito máis fluído, rápido e técnico posible.

A proposta para esta semana é a seguinte:

Conseguir cruzar unha estancia da casa (habitación, salón, cociña...) desde unha parede ata a que está situada en frente, ou crear un percorrido de obstáculos no corredor e camiñar por eles.

 Como o facemos?

Crearemos un circuito de obstáculos, utilizando para iso diferentes elementos que teñamos na casa (coxíns, almofadas, cadeiras, calcetíns en forma de bola, anacos de papel hixiénico... ). Non é preciso que os obstáculos teñan altura, podemos aumentar ou diminuír a dificultade utilizando para iso  apoios máis grandes ou máis pequenos. Podedes deseñar tantos circuítos como a vosa imaxinación queira.

Podedes utilizar a axuda doutro membro da familia!!!

Aquí vos deixo a miña proposta, podedes tomar ideas para deseñar a vosa.


SERPE MOTRIZ!!!

No seguinte enlace poderedes atopar un xogo de mesa, que nos ofrece mestrejairo.com, para acadar a vitoria deberedes superar unha serie de “PROBLEMAS MOTRICES”, poderedes xogar de xeito individual tratando de superar todas as probas ou cos  vosos familiares para ver quen chega á meta en primeiro lugar. Premendo na figura da dereita teredes unhas sinxelas regras para poder comezar a xogar!!!

https://view.genial.ly/5e7fee153fea8d0db0cc31dd/game-serpiente-motriz

Xa sabedes que agardo as vosas fotos ou vídeos!!! 

#EUQUEDONACASA E MÓVOME