1ª sesión L.Galega
Hoxe toca Literatura. Ides ler un conto popular que hai no voso libro na páxina 117. Despois tedes que contestar na libreta (ou folio) as preguntas que hai a continuación.Tamén imos facer o exercicio número 2. Di que preguntedes aos vosos avós, e eu sei que ao mellor non podedes falar con eles. Entón imos cambiar o enunciado do exercicio.
Exercicio 2. Pregunta aos teu pais se coñecen algún conto popular. Despois escríbeo e mándamo para poder facer un libro de contos populares do alumnado de cuarto do C.E.I.P. Vila de Ruits. Pode vir acompañado dun debuxo do voso conto.
Deixo a páxina do libro por se alguén o ten no cole, ok.
Moito ánimo e ¡adiante cos contos!