martes, 24 de marzo de 2020

Martes, 24 de marzo de 2020

1ª Sesión L. Galega

Hoxe imos comezar con algo novo. OS DETERMINANTES.

Os determinantes son aquelas palabras que van diante dos nomes para presentalos, e concertan con eles en xénero e número.
Os primeiros determinantes que imos estudar son OS ARTIGOS.
Hai dúas clases de artigos:
Artigos determinados: son aqueles que presentan nomes de seres ou cousas coñecidos. 
Son: O, A, OS, AS.
Artigos indeterminados: son aqueles que presentan nomes de seres ou cousas sen determinar. 
Son: UN, UNHA, UNS, UNHAS

Tedes algún problema cos artigos? Podedes preguntar dúbidas. Sabedes cómo? Si, polo Abalar Móbil ou no correo electrónico cuarto.viladerutis@gmail.com

Seguimos con algo que temos que saber antes de poder facer os exercicios de hoxe.
En galego, os determinantes cando van acompañando as preposicións, xúntanse e forman contraccións.
Pero, qué son as preposicións? Pois son as palabras que serven de unión entre  diferentes partes dunha oración. Son: DE, EN, CON, A, POR...
Polo tanto: preposición + artigo = contracción
Por exemplo: de + un = dun
                      con + unha = cunha
                      a + os = aos

Espero que todos entendades o explicado.
Así que, imos alá cos exercicios da páxina 112 do libro. Tranquilos, para os que non teñen o libro na casa pois poño aquí a páxina para que os poidades facer. Recordade que se non tedes a libreta, pois facédelos noutra que teñades na casa ou nun folio.


Facemos os catro exercicios. Ollo, no primeiro só tedes que ler, non hai que facelo por escrito,ok.

MOITO ÁNIMO.