martes, 17 de marzo de 2020

Martes, 17 de marzo de 2020 L. Galega

Hoxe imos facer un ditado que xa coñecemos. Escoita o audio e copia. Se ves que non che deu tempo podedes escoitalo as veces que queiras.



Agora hai que facer os seguintes exercicios.

1.Clasifica palabras do ditado segundo a súa terminación:

PALABRAS QUE REMATAN EN -AXE:

PALABRAS QUE REMATAN EN -ITE:

PALABRAS QUE REMATAN EN -SE:

2. De que xénero son os nomes que clasificaches no exercicio anterior.

3. Cales son os nomes rematados en -AXE que teñen xénero masculino?

4. Fai unha oración cos seguintes nomes: traxe, viaxe, longametraxe, amigdalite e crise.

Recorda que tes que ler todos os días un pouquiño, polo menos media hora.
Moito ánimo!!