1º Sesión LINGUA GALEGA
OLA RAPACES E RAPAZAS:
QUÉ TAL O FIN DE SEMANA NA CASA? FIXÉSTEDES COUSAS COA FAMILIA? TEÑO POR SEGURO QUE ESTIVÉSTEDES MOI ENTRETIDOS.
A PARTIR DE HOXE VOLVEMOS TRABALLAR COUSIÑAS DE CLASE. IREI POÑENDO EXERCICIOS AQUÍ NO BLOGUE E VÓS TEREDES QUE FACELOS NA CASA.
Recordade: Podedes traballar nunha libreta que teñades na casa ou en folios.
Gustaríame que me mandedes fotos do que ides traballando na casa, por exemplo, os debuxos dos refaixos propostos na activdiade do mércores. Seguro que vos quedaron uns refaixos chulísimos. Pois podedes mandar unha foto. E, como a podedes mandar? Enviádeo ao correo cuarto.viladerutis@gmail.com
Tamén nos podedes contar que estades facendo estes días pola casa. Falando disto aí vai a primeira actividade da semana.
DIARIO EN TEMPOS DO COVID-19
Tedes que crear un diario no que expliquedes a vosa experiencia nesta situación, tal e como fixo Anna Frank? Quen? Pero quen é Anna Frank? Pois...
Anna
Frank foi unha nena que, na época nazi, foi privada do seu dereito a
saír da casa. Estivo vivindo na “casa de atrás”, agochada tras un
armario. Ela explicaba as súas sensacións e emocións, así como as
actividades que facían neste lugar e tivo que empregar moito a súa
imaxinación.
Vós ides facer o mesmo. Como xa pasou unha semana na casa, comezade contando as vosas sensacións, emocións e actividades que fixéstedes estes días. Despois cada día tedes que contar o que sentides e facedes na casa, creando así o voso diario para que, cando acabe todo, o levedes ao colexio e
contedes a vosa experiencia a todos os vosos compañeiros e compañeiras. Eu tamén levarei o meu.
SEGURO QUE VOS QUEDA CHULÍSIMO! Así que comeza xa.
Se tedes algunha dúbida non dudedes en escribirme para preguntar, a través de Abalar móbil ou do correo: cuarto.viladerutis@gmail.com
MOITO ÁNIMO!!