lunes, 16 de marzo de 2020

Luns, 16 de marzo de 2020 L. Galega

Hoxe comeza unha nova experiencia para todos nós. Imos traballar, pero dende a casa.
A primeira sesión do luns toca Lingua Galega. Penso que non todos temos a libreta de Lingua Galega na casa, por tanto, direivos que podedes traballar noutra libreta ou nun folio. 
Imos repasar os nomes e a súas clases (comúns e propios, individuais e colectivos).

EXERCICIOS:
1. Copiamos este pequeno texto.

A frota da guerra con todos os soldados a bordo dirixiuse ás Illas do Sur. A tropa dirixida polos capitáns miraba a bandada de gaviotas que chiaban diante do barco. Parecía un enxame de abellas  arredor da embarcación. O sol agochábase pero xa se podía ver ao longo do arquipélago.

2. Agora copia os nomes que aparecen no texto pero ordenados alfabéticamente.

3. Clasifica eses nomes dicindo se son comúns ou propios e individuais e colectivos como no exemplo:

Frota -> común e colectivo.

Se alguén non recorda a diferencia entre nome común e propio ou entre nome individual e colectivo pode mirar estes videos (aínda que están en castelán poden axudarvos).