jueves, 26 de marzo de 2020

HOXE TOCA PLÁSTICA!!

4º Sesión Plástica

Sabedes que estabamos coñecendo diferentes artistas de distitnas partes do mundo. Neste momento traballabamos con Keith Haring. Quitaramos as fotos e algún de vós xa fixera a súa silueta. Claro, agora dende a casa é un pouco complicado seguir facendo vós a actividade. Polo tanto, pensei en facer eu as siluetas e despois a composición para poder facer así a nosa obra como a do artista. Que vos parece?? Como leva tempo facelo deixámolo para a vindeira semana, vale??
Entón hoxe, pensei en que podiades facer paxariños de papel de diferentes cores. Quedan superchulos para adornar o teu escritorio.
Déixovos aquí un vídeo de papiroflexia, que explica como facelos.


Xa sabes facelas?? Podes facer moitas e con diferentes cores para logo montar unha composición como un arco da vella, un corazón, unha árbore ...

PON EN MARCHA A TÚA CREATIVIDADE!!