martes, 31 de marzo de 2020

DESDE A CASA PARA TODOS VÓS

A Comunidade Educativa do CEIP Vila de Rutis quere adicarlle unha homenaxe aos protagonistas do colexio que, como non podía ser doutra maneira, son os nenos e nenas. Nestas circunstancias especiais, temos que buscar algo positivo en todo o que está pasando, empezando por disfrutar máis dos que temos ao noso lado. Aproveitade para falar moito, xogar cos nenos e nenas, deixarlles participar nas tarefas diarias... e cando esto remate, non esquezamos que nós tamén puxemos un pouco da nosa parte QUEDÁNDONOS NA CASA.

 PARA TODOS OS NENOS E NENAS 
As mestras e mestres do CEIP Vila de Rutis
queremos recordarvos que, a pesares de estar lonxe,
témosvos moi presentes.
E con este vídeo queremos recordarvos o moito que vos queremos,
que vos botamos de menos
e, por suposto, que cando poidamos
voltaremos con forza, ganas e moita ilusión.
Todo chega, todo sairá ben, pero mentres,
pedímosvos que quededes na casa coma nós
 EU QUEDO NA CASA E TI?