viernes, 28 de febrero de 2020
OS FACTORES CLIMÁTICOS
Os factores máis importantes que inflúen no clima son 4:
A latitude
A latitude dun lugar é a súa distancia ao ecuador.
Canto máis cerca estea un lugar do ecuador, máis cálido será o seu clima. Esto é debido a que os raios solares quentan máis canto máis perpendiculares son á Terra.
A altitude
A altitude dun lugar é a altura sobre o nivel do mar.
A temperatura descende 1ºC cada 150 m de altitude, por eso as zonas de montaña teñen climas fríos e as zonas chairas teñen climas máis cálidos.
A influencia do mar
O mar quéntase e arrefríase máis lentamente que a Terra.
No verán, os ventos que van do mar á Terra son máis frescos, por eso as temperaturas próximas á costa son máis suaves que no interior.
As zonas de interior teñen veráns moito máis calurosos e invernos moito máis fríos que na costa.
O relevo
As montañas frean os ventos e impiden que as nubes circulen. Ao chocar coa montaña provocan precipitacións na ladeira de barlovento (zona de donde vén o vento)