jueves, 6 de febrero de 2020

O APARATO RESPIRATORIO

Para entender ben o aparato respiratorio e o seu funcionamento, aquí vos deixo un vídeo.




Grazas ao aparato respiratorio, tomamos o osíxeno do aire e expulsamos o dióxido de carbono.

PARTES DO APARATO RESPIRATORIO

1. AS VÍAS RESPIRATORIAS

   Boca e fosas nasais: Por onde entra e sae aire.
  Farinxe, Larinxe (nela están as cordas vocais)
  Traquea, que se divide en 2 tubos chamados bronquios.
                                        
 Os bronquios, xa dentro dos pulmóns, ramifícanse en tubos máis estreitos. Cada un destes tubos remata nun alvéolo.



 2. OS PULMÓNS: son órganos esponxosos que conteñen as ramificacións dos bronquios e os alvéolos.


COMO FUNCIONA O APARATO RESPIRATORIO

O aparato respiratorio funciona repetindo 3 etapas: 

NSPIRACIÓN, INTERCAMBIO DE GASES E EXPIRACIÓN.

INSPIRACIÓN:

O aire entra polas fosas nasais. O diafragma, un músculo

 que está debaixo dos pulmóns, contráese e permite que os

 pulmóns  inchen e chegue  a eles o aire.

O INTERCAMBIO DE GASES:

Nos alvéolos, o osíxeno do aire pasa ao sangue  e o dióxido 

de carbono pasa do sangue aos alvéolos.

EXPIRACIÓN:

O diafragma reláxase e fai que os pulmóns se desinchen

 producíndose a saída do aire pola boca.