A DIETA
A dieta é o conxunto de alimentos e auga que toma unha
persoa cada día.
Dieta saudable: é a que contén unha cantidade
suficiente de todos os nutrientes e de auga.
DIETAS MEDITERRÁNEA E ATLÁNTICA
Dieta mediterránea:
- Abundan os alimentos de orixe vexetal (pan,pastas,
arroz, verduras, hortalizas, legumes e froitas).
- Aceite de oliva como fonte de graxa.
- Consumo moderado de peixe, carnes, produtos lácteos e
ovos.
Dieta atlántica:
A diferencia coa dieta mediterránea é que ten maior
consumo de peixe, carnes, produtos lácteos, ovos e patacas.
. A dieta mediterránea é máis saudable que a atlántica.