O venres 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal no noso cole. Participamos en tres actuacións: no baile "Santa Claus is coming to town", na panxoliña interpretada con instrumentos "Jingle Bells" e colaboramos no merengue "Tres Deseos".
Veu moito público a vernos, estábamos moi nerviosos. Ao final, saiunos todo xenial.